| |
|
A fauna é tan diversa coma flora
no Val.
Podemos falar do corzo, o lobo,
o xabarín, o raposo e así un longo etc. Como realmente se disfruta a
fauna é observándoa, case sempre, por casualidade.
Nestos días de inverno, os
miláns reales voan baixo. E os voitres, alá na Peña, prepáranse para
o cortexo nupcial.
|
 |
|
|
|
 |
Os que non andan moi tranquilos,
por estas datas, son os xabaríns e mai-los corzos. Os primeiros
porque os cazadores teñen licencia para matar e os corzos porque os
cans ao bati-lo monte para caza-lo xabarín, sacanos dos seus fogares.
A lebre, a pomba e a becada
tamén están dentro da licencia para matar.
Observ-la fauna nunca foi o meu
forte, sempre me pilla fora de xogo, unhas vegadas por miopía,
outras por despiste. Pero a forza de constancia vou mellorando.
Estes días nevou e o camiñar
pola Peluca, un monte de Menamaior, salíu unha lebre a carón dos
meus pés; a miña cadela mastina ¡ Que ilusa, correu detrás ¡
|
| |
|
|
Os que non me sorprenden son
“meus amigos dá mañan”. Polas mañás ao poñe-las migas de pan na
pedra veñen meus amigos: os paporrubios, un ferreiriño común, varios
pinzóns, eiquí chamámoslles chimbos coma o xabón, carboeiros comúns,
e tordos que aproveitan o seu tamaño frente aos demáis paxariños.
Espéranme nás pólas despidas dos nogais e freixo. De contado que me
alonxo, o primeiro que baixa é un dos paporrubios.
|
 |

|
Nó verán e comenzos de outono,
prefieren outros manxares e as migas quedan na pedra deica o día
seguinte.
O vivir perto do rio, eduquei os meus ollos para ve-lo merliño
acuático, o martín pescador, a pola de auga, eiquí chamámoslle
“gallinita”, algunha que outra culebra de auga e mái-la troita. |
|
|