| |
|
Non hai nada máis gratificante que
segui-la historia a través das pisadas que o home foi deixando. E no
val esto é posible.
Iniciase cos xacementos
arqueolóxicos, pasando pola calzada romana, siguese polo románico. De
seguido cóllese a senda das torres e paso a paso presentámonos nos
días grises da guerra civil.
E sen darnos conta vemo-la
historia contemporánea reflexada nos edificios modernos, no crecemento
das vilas e como non, nas suas industrias.
Os autrigones (celtas) ensinaron
aos románs o val de Mena. Debeulles de gustar tanto que decidiron face-la
calzada que cruza o val. Entra polo norte e sale polo suroeste. Nen
máis nen menos que une o mar Cantábrico ca meseta castelana.
Polo val pasaron a lá, o trigo, o
sal, o viño, o peixe...e digo pasaron porque ata o momento non se
atopou nen unha moneda, nen unha sinxela tesela de mosaico que indique
que se asentaron no val.
|
 |
|
Os románs fóronse do val pero as mercancías seguiron pasando pola
calzada romana e en Valmaseda colocouse a aduana, pouco despois de
concederlle o señor de Bortedo (MENES) o tíduo de Villa no 1199 e
Alfonso VIII o privilexio do fuero de Logroño.
Pero un pouquiño antes desto, e na Alta
Idade Media, en concreto no ano 800, fundase un mosteiro no termo de
Taranco, en cuio escrito aparez por primeira vez escrita a verba
“Castilla”.
Na época da repoboación, os foramontanos
deberon andar as suas anchas polo val ao xulgar pola cantidade de
mosteiros que edificaron anque o día de hoxe non quedou ningún.
|
|

|
Ao fio da historia e continuando ca
relixión, atopámonos con dous edificios a cal máis feito (as
igrexias románicas de Siones e Vallejo).
O templo de San Lorenzo de
Vallejo de mediados do seculo XIII e declarado M.I.A. destaca
polas suas grandes dimensións e a riqueza arquitectónica do ábside
con arqueria lombarda.
Na Igrexa de Santa Maria de
Siones prodomina a decoración interior cos edículos e a talla de
Santa María. Declarada tamén M.I.A. e datada entre finais do
seculo XII e comenzos do XIII. |
|
A igrexa románica de San Pelayo de Ayega (Mena) anque en ruinas,
merece a pena ser visitada para coñece-lo tímpano e sincelez da sua
construcción.
Case esquencida e moi expoliada sigue
tendo un halo de fasciñazón (pequena, recollida, escondida e moi
coqueta exerce unha atracción imantada por adentrarse nos entresixos
do arte románico).
Houbo varias igrexas románicas como
atestigan (tímpanos, portadas, sarcófagos, caneciños...).
|
|
Pasamos páxina e nos atopamos con outras
construccións moi singulares e abondantes: As torres.
Na Baixa Idade Media, o val sofre as loitas banderizas entre os clans
dos Salazar e os Velasco.
Houbo 27 torres, das cales quedan 15. Unhas en mellor estado que
outras.
Cabe destacar que no val de Ordunte soio se conserva a de Hornes (en
ruinas).
No val de Ayega, a de San Pelayo.
No val de Angulo, a de Cozuela (habitada) e a de Las Fuentes (soio
paredes).
No val de Tudela, a torre de La Llana (habitada) e a de Ciella (agora
cabana para o gando).
Todalas demáis (9 torres) ná conca do río Cadagua. |
 |
| |
|
|

|
Podemos continuar ca historia de
Mena ata os nosos días pero case non quedan sinais ou ¿debería decir
fósiles?.
...Indianos que deixaron a sua impronta nas vilas, guerras, periodos
de pobreza, de benestar, a industrializazón, o éxodo as cidades ata
agora que, cando as vilas se afogan tiraselles do salvavidas do
turismo rural. Todo se envolve cunha etiqueta rústica, onde a vila é
paisaxe, benestar, saúde, gastronomía, costumes ancestrales... |
|
Pero, quen realmente sinte a vila
é aquel que naceu e vive día a día nela: sufre cando se corta un
carballo que viu, desde neno, medrar. É feliz cando un camiño se limpa
e se deixa transitable ou cando as fontes e lavadeiros están en bó
estado e son útiles ou cando a igrexa se restaura ou cando o gando
esta gordo e lustroso nos prados meneses.
Pero, sobor de todo, é feliz cando
observa que os meneses se xuntan para conserva-lo seu patrimonio, para
mellora-las suas vilas, para ser solidarios cos seus veciños (esta é
tarea ardua).
|
|
  |
Esta é a HISTORIA actual do val de Mena.
|
|