| |
“As
montañas constituien unha quinta parte da superficie da terra e albergan
unha décima parte da poboación humana”.
Duas montañas (La Peña e O Ordunte)
son as protagonistas no val. Unha frente da outra e non se pode decir que
irmáns xemelgas, por non semellarse non teñen nen o mesmo sustrato de
solo. La Peña é caliza e o Ordunte é areisca. As cumens da Peña són
farallóns rocosos e no Orduntes són lomas con tapiz vexetal.
No que si són
análogas é na altitude. A cume máis alta é a Zalama (Ordunte) con 1335 m.
La Peña conta co punto máis alto en Peñamayor 1253 m.
|


 |
LA PEÑA
La Peña é algo máis
que unha pedra grande que non deixa ve-lo que hai detrás. Os días que
hai neboa dáno-la sensación que la Peña non existe e nos falta algo, o
val non é o mesmo.
Esta mole rocosa nos dá forza,
protéxenos e nos dá unha beleza endémica.
Nadie che fala da Peña pero un
menés vai sentindoa a medida que medra e amenor oportunidade é coma
un imán, atraete pero nunca te atrapa.
Agora que é inverno pero cuns diás
increíblemente luminosos, claro que esto pode ser debido ao cambio de
cristales nás miñas gafas, a Peña mostra unha amplia gama de
tonalidades (morado, azul escuro, gris, verde escuro, negro...).
Para curiosar o que hai detrás da
gran pedra hai que sudar un pouco. Pódese atravesa-la Peña por 14
portelos, todos a pé, excepto o porto de Angulo que se pasa en
vehículo.
Aos portelos do cordón de Ordunte
pódese chegar a case todos en vehículo todoterreno.
A ladeira da Peña é unha continua
e homoxenea masa arbórea. O Ordunte, en boa parte, é un monte
domesticado, está continuamente fragmentado e acribillado a cortafogos.
Podemos decir que temos unha
montaña salvaxe (La Peña) e unha montaña dócil (O Ordunte).
|
|
Según os ollos cós que se mire, tanto a Peña coma o
Ordunte poden dar moito xogo: |
-
Para un cazador que pulule polas
montañas seu obxetivo é conseguir unha presa, xa sexa un xabarín, un
corzo, unha pomba, unha becada...
-
Para un montañeiro é cumear as cimas e
disfruta-las vistas.
-
Para un espeleólogo é adentrarse nás
grutas da Peña e ir descobrindo todo un mundo.
-
Para un gandeiro é conseguir máis
pastizales no Ordunte para ter máis vacas.
-
Para un escalador é subir ao Pico El
Fraile e pouco máis, xa que a caliza da Peña non é aconsellable para
escalar.
-
Para un ornitólogo obsrva-la maior
variedade de aves posibles: ná Peña, o voitre leonado, as choias, as
gralliñas e mai-la parella de aguias reais, entroutros. Nos bosques
de Ordunte: paxaros carpinteiros e aves rapaces, tanto diurnas coma
nocturnas, sobor todo os cárabos.
-
Para un naturalista contempla-la
diversidade vexetal dos montes e roquedos das duas montañas.
-
A un madeirista fáiselle a boca auga
cando observa a altura e grosor dos seus carballos.
-
E así un longo etc,
|
 |
|
 |
A Peña plantada ná zona meridional
do val impídenos ve-los nosos veciños do val de Losa. Xusta alí, onde
dá a sensación que a Peña se acaba aparece o Pico do Fraile, nosa roca
emblemática, tamén chamada “O Pico do Aforcado” porque ten forma de
forca.
Segundo desde donde se mire, é un
autentico Fraile sentado e con capucha.Pero onde parece que se acaba a
Peña e sobresie o Pico do Fraile, é tamén un efecto óptico posto que a
Peña continua. Alí fai simplemente un vértice, unha esquina é que esta
pedra é moi caprichosa.
|
|

“...rocas calizas da peña, rocas calcáreas
foradadas por covas e taladradas de infinitos furados
que forman as augas das choivas,
os recios ventos
Oquedades, túneles, pasos e cavernas
Atallos e portelos
E, sobor todo, pedra moita pedra
Desde abaixo dibúxase o perfil dos fitos xigantescos da Peña.
A Magdalena, o portelo de Muga,
Peña Maior, o portelo da Hoz,
Lerdano e San Mamés...
E ao final da Corona, coma autentico remate
O Pico do Aforcado, que eu chamaba do Fraile,
Monumento insólito,
Desgaxado de forma caprichosa da Peña.
É un montón de rocas superpostas
Que se manteñen en difícil equilibrio
sen máis argamasa que os anos
e sen outro soporte cá sua propia verticalidade
sobor unha ancha base.
Este pico como cecais un técnico diria,
esta listo para derrumbarse calquer día...”
Libro
“CADAGUA” JUAN MANUEL RUIGOMEZ IZA |
|
“.. chama a atención de calquer
home observador, e sempre grandiosa no seu aspecto, e máis en días que
o sol, a media tarde lanza os seus raios sobor dela e descubre a suas
numerosas e frecuentes estribacións, as suas fondanadas profundas e
seus modestos carreiros, apenas perceptibles desde o chan.”
Libro
“El Valle de Mena y sus pueblos” ANGEL NUÑO
|
|
|