| |
“A
casa menesa, ne-la abasteceuse a familia, tuvo a sua identidade dentro do
verde paisaxe e foi un modelo de autosuficencia económica, social e
agricola. É a vida e facenda transmitida de pais a fillos: A HERDANZA”
|

|
Describir en poucas verbas a
arquitectura vernácula do val é complexo, non soio pola abundancia de
vilas (60 vilas e unha trintena de barrios), senon polas moitas e
diversas inflenzas das zonas limítrofes. Digamos que cada val, dos
vals que forman Mena, teñen a sua ideosincracia.
Auga dabondo, terra para cultivar
e unha climatoloxía benigna son os tres pilares que busca o home para
asentarse nun pedazo de terra, que nun comenzo será |
|
aldea, logo alcanzará a categoría
de pobo e se prospera chegará a Vila coma nosa capital VILLASANA.
A maioría das vilas menesas están
asentadas nas beiras dos rios e regatos. E orientadas o sur, mirando a
Peña.
Hai outros, como Artieta,
Maltranilla, Ordejón, Bortedo... que disfrutan dunhas vistas
privilexiadas ao atoparse en ladeiras e pequenos altos, situados lonxe
das concas fluviais pero protexidos dos ventos. |

|
Unhos se desparraman pola ladeira coma é o
caso de Araduenga, Villasuso, Lorcio... E outros forman unha línea
horizontal: Ordejón, Viergol, Concejero...
|
 |
As vilas menesas son algo máis que casas
de pedra, boleiras polos rueiros e vellos dormitando ao calor do sol
na dianteira da sua casa.
Todas estas vilas, estas casas non
serian nada sen esos interiores vividos.
As estancias das casas menesas,
como calquer casa rural, garda nos adentros un senfín de esencias. |
| |
|
|
... Aquela mesa pequena medio carcomida
de nogueiro no corredor, o xarrón de colores que non se acaba de
romper nunca, a lámpada que se tambalea cando alguen se deixa caer na
butaca. Ese olor a leña queimada ao subi-las escaleiras e ese ruidiño
do chisporreo do lume baixo.
Aquela cadeieriña no rincón da
cociña xunto o fogo baixo donde a avoa dormitaba día tras día e agora
baleiro para sempre.
Ou esa vista desde a fiestra,
tantas vegadas vivida da Peña; unhas veces con neboa, outras con neve,
xusto alí donde santa Cecilia ten sua morada.
E ¿Quen non curiosou seus veciños
detrás dos visillos? |
 |
| |
|
|
 |
Estes e outros moitos detalles van
forxando a personalidade da casa menesa. Un estilo rústico,
prolongación de xeneración en xeneración con innovacións
arquitectónicas pero donde as pedras da fachada non esquencen a sua
HISTORIA.
O interior da casa menesa definese
en duas verbas: sinxeleza e funcionalidade.
No escomenzo, a casa menesa foi
diseñada para desenrolar actividades agrícolas que logo pasaron a
gandeira polo que a casa tuvo que mudar as novas circunstancias.
Hoxe quedan poucas casas donde se
desenrole o gando dentro delas.
|
| |
|
|
De pedra caliza unhas e arenisca
outras, con escasos vanos. O aparello é de sillar nos esquinais,
bordes de fiestras e portas e mamposteria o resto. Con tellados a duas
ou catro augas e un aspecto pétreo, suas plantas distribuiense en tres
alturas. A planta baixa: corte e zaguán. A segunda planta, vivenda, e
a terceira palleiro donde se almacenaba a herba e maila palla para
alimenta-lo gando durante o inverno. |

|
|
Os materiais :
Nos seculos XIV e XV, o entramado de
madeira era a construcción máis corrente e usual. O entramado permite
alixeirar a carga dos edificios. A casa con planta baixa de
mamposteria ou tapial e por riba outra planta de entramado de muros de
pequeño grosor facilitando así a construcción de ocos.
A madeira utilizada nós entramados
exteriores foi o carballo. Nás casas máis pudentes (labregos fidalgos)
utilizouse o castiñeiro.
|
|
Unha vegada no interior da casa, o
carballo sigue utilizándose para vigas. Os mobles macizos construíanse
de nogueiro, cerdeira, castiñeiro, faia, pino mesmo con chopo.
Hai vivendas que pola sua
envergadura, oupulencia e sobor de todo pola palmeira plantada no
xardín delatan os seus moradores, falamos das casas dos indianos. O
val conta con infinidade delas (Artieta, Araduenga, Concejero, Cadagua,
Paradores).
|
 |
|
 |
As casonas de donos pudentes (terrateñentes,
nobres, donos de ferrerías...) encóntranse en Villasuso, Maltranilla,
Nava, El Berrón, Irús...
A arquitectura do val
complementase con todas aquelas edificacións comuns aos veciños:
lavadeiros, fontes, escolas, potros de ferrar, casas de concello,
igrexas, humilladeiros, fornos, ermidas...
|
| |
|
|
|